O Ministerio de Vivenda presenta o índice de referencia de prezos do alugueiro | Observatorio de Vivenda

O Ministerio de Vivenda presenta o índice de referencia de prezos do alugueiro

O Ministerio de Vivenda presenta o índice de referencia de prezos do alugueiro

Este martes 27 de febreiro o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana presenta o índice de referencia de prezos do alugueiro, o mecanismo mediante o cal buscarase controlar os prezos de arrendamento. Este índice será presentado nove meses despois da aprobación no Congreso dos Deputados da Lei de Vivenda na que se incluía. Entrará en vigor dez días despois da súa publicación, e topará o prezo máximo dos contratos de alugueiro en zonas que sexan declaradas zonas tensionadas.

O sistema dá unha pinza de prezo de alugueiro, cun máximo e un mínimo, ao que si ou si deberán referenciarse os contratos dos grandes tenedores, é dicir, propietarios con máis de cinco ou dez inmobles dependendo da comunidade autónoma, e as vivendas que leven baleiras máis de cinco anos en zonas que sexan declaradas tensionadas. Estas zonas son aquelas nas que se cumpran un dos dous criterios que establece a Lei: que o custe medio do alugueiro supoña máis do 30% dos ingresos do fogar, ou que a variación dos prezos sexa superior ao 3% do IPC nos últimos 5 anos. Con todo, naquelas zonas que non soliciten ser declaradas zona tensionada, segundo o Ministerio, servirá de referencia á hora de asinar novos arrendamentos no mercado libre para evitar movementos especulativos.

Para elaborar este índice de referencia contouse coa base de datos da Declaración da Renda, ademáis dos datos da Axencia Tributaria, Catastro, INE, o Banco de España e os Rexistradores. Na elaboración da metodoloxía participaron membros da Asociación Española do Valor, o Colexio Xeral de Economistas, os técnicos da Generalitat de Cataluña, a Presidencia do Goberno e o propio Ministerio de Vivenda. O novo indicador terá unha duración de ata dous anos.

Fonte.- El Periodico