O novo plan de alugueiro de Madrid permite acurtar os contratos cunha físgoa legal | Observatorio de Vivenda

O novo plan de alugueiro de Madrid permite acurtar os contratos cunha físgoa legal

O novo plan de alugueiro de Madrid permite acurtar os contratos cunha físgoa legal

O novo plan de alugueiro do Concello de Madrid permitirá realizar contratos de alugueiro por unha duración inferior ao mínimo que contempla a lei. Para facelo, válese da figura do usufruto, regulada na Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU) como unha das excepcións que permiten acurtar un contrato, unha físgoa legal que podería traer unha serie de inconvintes e problemas.

A LAU, no seu artigo 9, que establece a duración mínima dos alugueiros, dicta que dende marzo de 2019 os inquilinos teñen dereito a permanecer no inmoble un mínimo de cinco anos, se o propietario é unha persoa física, ou de sete anos, se é unha persoa xurídica (unha empresa ou unha administración pública). As únicas excepcións a esa regra, sempre que ademais se respeten correctamente os prazos de preaviso, refírense á necesidade do propietario de recuperar a vivenda para si mesmo ou un familiar próximo; ou que o arrendador non sexa propietario do ben, senón que sexa un subarrendatario ou que teña cedido un dereito superficiario ou usufrutuario. Esto último é o que articulou a EMVS no novo plan de alugueiro do concello co fin de captar vivenda vacía.

As desvantaxes deste movemento é que estaría deixando sen efeto ao artigo 9 e ademais o usufruto conleva uns gastos fiscais e en caso de non cumprirse cos prazos aviso, o contrato recondúciríase tácitamente, o que podería crear conflictos entre as partes.

Fonte | El País