O orzamento destinado para a entrada dunha vivenda increméntase un 17% en cinco anos en España | Observatorio de Vivenda

O orzamento destinado para a entrada dunha vivenda increméntase un 17% en cinco anos en España

O orzamento destinado para a entrada dunha vivenda increméntase un 17% en cinco anos en España

O diñeiro destinado para a entrada da compra dunha vivenda de segunda man en España incrementouse un 1% respecto ao ano pasado (2020) e un 17% respecto de hai 5 anos (2016), segundo o estudo "Orzamento para a entrada dunha vivenda en España", baseado nos prezos da vivenda en venda do Índice Inmobiliario Fotocasa dos últimos 5 anos.

Así, os españois hai 5 anos (en maio de 2016) debían pagar pola compra dunha vivenda de segunda man de 80 m2 unha media de 129.617 euros (1.620 €/m2) fronte aos 151.411 euros que se paga como media en España en maio de 2021 (1.893 €/m2). Aquí un factor moi importante é que as condicións hipotecarias volvéronse moi atractivas, polo que os españois seguen percibindo o momento como moi favorable para comprar e ademais o sector bancario estivo traballando para poder competir coa situación de mínimos do euribor e favorecer un impulso, abaratando os prezos para estimular as vendas. 

Os madrileños son os que máis pagan en España polo metro cadrado dunha vivenda (3.099 euros), xa que para comprar unha primeira vivenda de segunda man de 80 metros cadrados (247.958 euros) débese dispor duns aforros de 74.387 euros, é dicir, de media un 30% do valor da vivenda para obter unha hipoteca co banco.

Doutra banda, a comunidade co prezo da vivenda máis económico de España é Castela-A Mancha (1.119 euros/m2). 

Fonte | Fotocasa