O perfil do comprador de vivendas modificase debido á escasa oferta e os prezos das hipotecas | Observatorio de Vivenda

O perfil do comprador de vivendas modificase debido á escasa oferta e os prezos das hipotecas

O perfil do comprador de vivendas modificase debido á escasa oferta e os prezos das hipotecas

Segundo os datos publicados pola Estatística Rexistral Inmobiliaria, correspondentes ao segundo trimestre e ao avance do mes de xullo, obsérvase un descenso do 7% interanual na compravenda de vivendas rexistradas no segundo trimestre, o avance de xullo acelerou a súa caída ata o 11%.

Neste contexto a influencia da escasa oferta de vivenda nova, que se estima que nos próximos anos haxa maior creación de novos fogares, e o longo período desde o inicio da crise de 2008 provocaron o consumo do stock de vivenda sen vender ata quedar, no conxunto de España, por baixo das 450.000 unidades en 2022.

Doutra banda, debido tambien ás dificultades para o acceso a unha hipoteca, no último quinquenio comprouse unha de cada catro vivendas sen hipoteca, mentres que actualmente a cifra elevouse a catro de cada 10, un 40%. Viuse desprazada unha parte significativa dos compradores tradicionais de vivenda cara ás persoas con gran solvencia económica, investidores normalmente, que non necesitan de hipoteca.

Fonte.- Cinco Días