O Plan de Arrendamento Accesible portugués non convence a ninguén | Observatorio de Vivenda

O Plan de Arrendamento Accesible portugués non convence a ninguén

O Plan de Arrendamento Accesible portugués non convence a ninguén

O Plan de Arrendamento Accesible (PAA) de Portugal, polo que o Goberno ofrecía beneficios fiscais a aqueles propietarios que dispuxesen a súa vivenda para o alugueiro a prezos limitados, non tivo unha boa primeira acollida. Por parte dos propietarios, quéixanse de prezos limitados demasiado baixos en comparación cos de mercado e bonificacións fiscais que non compensan a perda. Sen embargo, por parte da población se manifesta que os prezos limitados exceden o que poden asumir os colectivos aos que vai destinada a medida. O resultado no primeiro mes de vida do Plan foi a celebración de dez contratos, moi lonxe do deseado pero hasta certo punto previsible, xa que se establece como unha medida a longo prazo.

Fonte.- La Voz de Galicia