O prezo da vivenda aumenta un 4,7% en 2023 | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda aumenta un 4,7% en 2023

O prezo da vivenda aumenta un 4,7% en 2023

Rematando o 2023, o prezo da vivenda consolidou a súa subida cun 4,7% anual, o que supón o maior aumento nos últimos 6 anos. Segundo os datos da tasadora Gesvalt, o prezo do metro cadrado aumentou ata os 1.548 euros de media. O ano pechará co undécimo trimestre consecutivo de aumentos nos valores interanuales, pero dende xullo percíbese unha desaceleración, xa que no segundo trimestre do ano o aumento da taxa internual foi do 6,7%, polo 3,5% do terceiro, e o 2,1% deste último trimestre.

Da mesma forma, este último trimestre volveu rexistrar un lixeiro descenso do prezo da vivenda respecto ao trimestre anterior (un 0,8%) sumándose á tendencia do terceiro trimestre, onde se reduciu un 1,1%. Esta situación reflicte a ralentización do mercado de compravendas e unha estabilización dos prezos tras o repunte que se apreciou como consecuencia do aumento de tipos. A expectativa é que o ritmo de crecemento debería estabilizarse aínda máis durante os primeiros meses de 2024. 

En canto ao alugueiro, este non moderou todavía o seu crecemento, pechando o ano 2023 cun repunte do 10,1%, segundo os datos publicados por Idealista. Tódalas comunidades autónomas sufriron un aumento no prezo dos alugueiros, sendo as Illas Baleares nas que máis aumentou no último ano, un 18% máis. A falta de oferta e o aumento da demanda a causa da dificultade para acceder a unha hipoteca fai pensar aos expertos que os prezos do alugueiro non rexistrarán unha correción no 2024.

Fonte.- MSN