O prezo da vivenda crece en Reino Unido por primeira vez en 13 meses | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda crece en Reino Unido por primeira vez en 13 meses

O prezo da vivenda crece en Reino Unido por primeira vez en 13 meses

Por primeira vez nos últimos 13 meses, o prezo da vivenda en Reino Unido elevouse na súa taxa interanual, concretamente un aumento do 1,2% con respecto a febreiro de 2023, cun aumento intermensual en febreiro do 0,7%. Esta situación debeuse principalmente a uns intereses hipotecarios máis baixos. Corresponde á subida máis alta dende xaneiro de 2023, e indica que o mercado inmobiliario parece saír do estado de estancamento no que se topaba. Os indicadores xerais amosan un cambio de tendencia, aínda que podería verse perxudicado pola paralización da baixada de tipos nas últimas semanas. 

O tipo de interese medio para unha hipoteca de tipo fixo elevouse ata un 5,75%, cando a finais de xaneiro marcaba o 5,55% segundo os datos de Moneyfacts. A expectativa de que o Banco de Inglaterra baixe de novo os tipos de interese provoca que os tipos hipotecarios comezan a aumentar novamente. Isto débese a que a maioría dos mercados esperaban que a primeira baixada sucedese en maio, pero as apostas parecen cambiar. Na actualidade, non se espera que se produza ningunha diminución antes de agosto, aínda que se prevé que haberá outra a finais de ano.

A ríxida inflación e a situación do mercado laboral británico non fixeron senón frear as expectativas sobre unha pronta intervención do Banco de Inglaterra. Con todo, o máis fácil é que as baixadas comecen ao longo deste ano, cunha inflación que empeza a mostrar certa reacción ante as decisións do organismo británico.

Fonte.- Idealista