O prezo da vivenda crece máis en Vigo que a media de España, segundo o último informe de Tinsa | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda crece máis en Vigo que a media de España, segundo o último informe de Tinsa

O prezo da vivenda crece máis en Vigo que a media de España, segundo o último informe de Tinsa

Na cidade de Vigo, o valor da vivenda nova e usada creceu un 4,5% durante o último ano, e un 0,6% no último trimestre, segundo o último informe publicado por Tinsa IMIE Grandes Mercados. A media nacional situouse en 3,3%, polo tanto, por debaixo do de Vigo. A compravenda situase en Vigo en 1.716 €/m2, similar a outras cidades como Benidorm, Málaga ou Orihuela. O informe apunta ao compoñente turístico como un factor que causa esta elevación nos prezos destas cidades costeiras, aínda que na maioría de zonas de España os prezos estabilizáronse. 

A pesar do maior incremento, o prezo de Vigo sitúase por debaixo da media nacional, que se coloca en 1.769 €/m2. Dentro de Galicia, A Coruña é a cidade máis cara, con 1.928 €/m2, seguida por Vigo (1.716 €/m2), e Pontevedra e Santiago, que roldan os 1.400 €. As provincias máis perxudicadas, con incrementos dos prezos entre o 7,2% e o 8,3%, son Valencia, Alicante e as Illas Baleares. Outras cidades cun alto compoñente turístico chegan a alcanzar incrementos de máis do 10%, como Gandía, Reus ou O Porto de Santa María. 

O informe apunta tamén que os habitantes da provincia destinan o 31,6% do seu salario a pagar a hipoteca, superando a A Coruña (27,3%), Ourense (23,6%) e Lugo (22,9%). En valores absolutos, a cota media tamén é a máis elevada, 647 €, por diante de A Coruña (590 €), Ourense (442 €) e Lugo (409 €). A hipoteca media en Pontevedra tamén é a máis elevada, ascendendo aos 127.088 €, maior que en A Coruña (115.943 €), Ourense (86.842 €) e Lugo (80.329 €). 

Fonte.- Atlántico