O prezo da vivenda de segunda man aumenta un 7,4% interanual en abril, segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda de segunda man aumenta un 7,4% interanual en abril, segundo Fotocasa

O prezo da vivenda de segunda man aumenta un 7,4% interanual en abril, segundo Fotocasa

Segundo o último Índice Inmobiliario de Fotocasa publicado, o prezo da vivenda de segunda man en abril situouse en 2.269 €/m2, o que supón un incremento interanual do 7,4% e un incremento mensual do 0,4%. O portal inmobiliario destaca que este incremento interanual supón unha desaceleración de 2,7 puntos respecto ao incremento experimentado no mesmo mes do ano 2023. Fotocasa sinala que a demanda atópase en máximos, mentres que a oferta atópase en mínimos, o que xera unha tensión no mercado inmobiliario e no custo da vivenda. Ademáis, a previsión de desescalada dos tipos de interese durante o segundo trimestre do ano provocaría un aumento da demanda, polo que é probable que a tendencia crecente dos prezos continúe. 

En 16 comunidades autónomas aumentou o prezo interanual en abril. Os incrementos superiores ao 10% sucederon en Canarias (23,4%), Madrid (17,7%), Comunidade Valenciana (12,8%), Rexión de Murcia (10,9%) e Andalucía (10,4%). Con incrementos menores atópanse Baleares (9,5%), Cantabria (6,4%), País Vasco (6,2%), Castela-A Mancha (5,9%), Galicia (5,3%), Asturias (5,3%), A Rioxa (3,9%), Aragón (3,5%), Castela e León (3,5%), Navarra (3,1%) e Cataluña (2,3%). Unicamente a comunidade de Estremadura rexistrou un descenso nos prezos, cunha caída do 0,3% con respecto a abril de 2023. 

En canto a prezos absolutos, o maior atópase en Madrid, con 4.046 €/m2, e Baleares, con 4.015 €/m2. A continuación, a unha distancia considerable, atópanse o País Vasco (3.142 euros) e Cataluña (2.790 euros). Doutra banda, as comunidades con menor prezo en abril son Estremadura, cun prezo de 1.212 euros o metro cadrado, e Castela-A Mancha, con 1.217 euros o metro cadrado.

No análise por provincias, atopamos que no 90% das 50 provincias analizadas aumentou o prezo interanual, superando o incremento do 10% en 11 provincias: Santa Cruz de Tenerife (31,3%), Málaga (20,7%), Soria (18,5%), Madrid (17,7%), Alicante (15,3%), Granada (13,5%), Guadalaxara (12,1%), As Palmas de Gran Canaria (11,7%), Valladolid (11,6%), Murcia (10,9%) e Lleida (10,1%).

Fonte.- La Razón