O prezo da vivenda en Galicia alcanza o máximo nos últimos 12 anos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Galicia alcanza o máximo nos últimos 12 anos

O prezo da vivenda en Galicia alcanza o máximo nos últimos 12 anos

O acceso á vivenda é un dos principais problemas en moitos países na actualidade, e agravouse polo aumento ata o 4,5% dos tipos de interese polo BCE, debido aos intentos por enfriar a economía e frear a inflación. Cos datos actualizados a novembro de 2023, en Galicia comercializáronse 17.700 vivendas, un 13% menos que no exercicio anterior. No periodo xaneiro-outubro, as vivendas comercializadas foron 10.450, un 22% menos que no mesmo periodo do ano anterior. 

Na actualidade, o metro cadrado cotiza en Galicia a máis de 1.300 euros, o que non sucedía dende novembro de 2011, provocado pola subida nos prezos en novembro do 2,8%, segundo os datos publicados polo Ministerio de Vivneda e Axenda Urbana. Este crecemento corresponde ao decimoterceiro trimestre consecutivo de aumentos nos prezos da vivenda, sendo o último recorte no periodo abril-xuño de 2020, condicionado pola incertidume provocada pola pandemia do Covid-19. Dende ese momento, o crecemento nos prezos corresponde a un 9% na comunidade, aínda que nos concellos con maior poboación, experimentáronse maiores aumentos. 

En A Coruña o metro cadrado está preto dos 2.000 €, un 15,5% maior que en 2020 e en Santiago, cotiza a 1.828 €/m2, e unha subida do 8,2%. Na provincia de Pontevedra o maior crecemento sucedeu na cidade de Pontevedra, un 23%, chegando ata os 1.452 €/m2, mentres que en Vigo o aumento foi menor (15,3%), pero o prezo actual é maior que en Pontevedra (1.763 €/m2). O único dos principais concellos galegos nos que o prezo da vivenda baixou con respecto a 2020 foi Carballo, cun descenso do 1,9%.

Fonte.- Faro de Vigo