O prezo da vivenda encarécese un 3,4% interanual en marzo, conforme o último informe de Tinsa | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda encarécese un 3,4% interanual en marzo, conforme o último informe de Tinsa

O prezo da vivenda encarécese un 3,4% interanual en marzo, conforme o último informe de Tinsa

O prezo da vivenda nova e usada no mes de marzo continuou movéndose nunha zona de estabilización, cun incremento do 0,2% respecto ao mes anterior, deixando a taxa interanual no 3,4%. Estes datos despréndense do informe publicado pola tasadora Tinsa, IMIE Mercados Locais. En términos interanuais, case todos os grupos analizados no informe presentan pequenos repuntes, cun impulso do 2,6% no grupo "Capitais y Grandes Cidades", e do 2,9% en "Áreas Metropolitanas", mentres que no grupo das "Illas" e "Costa Mediterránea", o aumento é maior, do 8,2% e do 6,5% respectivamente. 

A variación mensual dos diferentes grupos analizados situouse entre o -0,3 % e o +0,9 %, localizándose a maior contracción (-0,3 %) nas localidades máis pequenas do interior peninsular, agrupadas en "Resto de municipios". Destaca o impulso do grupo "Territorio Insular", do +0,9 %, acelerándose por cuarto mes consecutivo, e a "Costa Mediterránea", que mantén o nivel de crecemento que rexistrou o mes anterior (+0,4 %). Lonxe das zonas con maior compoñente turístico, as "Áreas metropolitanas" (+0,4 % mensual) rexistraron un impulso en marzo que compensa os retrocesos dos dous meses precedentes, confirmando a estabilización. Nas "Capitais e Grandes Cidades" (+0,1 %) tamén se mantén a estabilización cun crecemento mensual case nulo.

O Servizo de Estudos de Tinsa destaca unha serie de factores que están favorecendo que se sosteña a solvencia e confianza da demanda, entre os que destacan a moderación da inflación subxacente, a resistencia do emprego e a recuperación do poder adquisitivo dos fogares. 

Fonte.- Tinsa