O prezo da vivenda encarécese un 4% en 2023 e aproxímase aos niveis da burbulla inmobiliaria, segundo o INE | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda encarécese un 4% en 2023 e aproxímase aos niveis da burbulla inmobiliaria, segundo o INE

O prezo da vivenda encarécese un 4% en 2023 e aproxímase aos niveis da burbulla inmobiliaria, segundo o INE

Os importes das vivendas continuan subindo, a pesar do encarecemento das hipotecas ou o freno que experimentou o mercado inmobiliario. Segundo o Índice de Prezos da Vivenda publicado recentemente polo INE, fixéronno nun 4%. Este índice toma como referencia o valor dunha vivenda no ano 2015. Esta referencia, en promedio, sitúase nos 147 puntos, o que significa que as casas foron un 47% máis caras en 2023 que oito anos antes. É o terceiro nivel máis alto de prezos da serie histórica, preto de 2008 e a tan só dous puntos de 2007.

Non obstante, no último trimestre de 2023 os importes frearon a súa subida. En verán, o importe das vivendas escalou un 4,5% anual, mentres que no último trimestre foi un 4,2%. O ano 2023 caracterizouse por un mercado tranquilo nos dous primeiros trimestres, ata que se disparou no terceiro e moderouse cara a final de ano. 

A obra nova é a que máis tirou dos prezos, atopándose o seu valor en máximos históricos dende fai catro exercicios, a pesar dunha corrección entre outubro e novembro, onde pasou de crecer a un ritmo do 11% ao 7,5%. Polo contrario, o crecemento das vivendas de segunda man pasou do 3,2% interanual no terceiro trimestre a un crecemento do 3,6% no último. En conxunto, comparando o último trimestre co anterior, o importe das casas baixou un 1,1%. 

O crecemento anual dos prezos deuse en tódalas comunidades autónomas, con Andalucía á cabeza (5,3%). Por baixo do 5%, pero por encima da media nacional, situáronse Navarra, Canarias, Madrid, Baleares e Cantabria. A Comunidade Valenciana calcou o crecemento medio e  por baixo creceu o prezo das vivendas no resto de territorios. Onde menos o fixo foi en Castela-A Mancha (2,1%) e Extremadura (2,2%).

Fonte.- El Pais