O prezo da vivenda usada alcanza un novo récord en España, segundo o índice de prezos de Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada alcanza un novo récord en España, segundo o índice de prezos de Idealista

O prezo da vivenda usada alcanza un novo récord en España, segundo o índice de prezos de Idealista

Acorde ao último índice de prezos inmobiliarios de Idealista, durante o mes de maio o prezo da vivenda usada aumentou un 1%, alcanzando os 2.120 €/m2, o que supón un novo récord na serie histórica, superando o dato de xuño de 2007. Supón ademáis unha subida do 3,1% trimestral e un 7,3% interanual. 

En todas as comunidades autónomas aumentou este prezo no último mes, destacando os incrementos do 1,6% en Baleares, do 1,4% en Navarra e do 1,2% de Andalucía e a Comunidade Valenciana. Por detrás, séguenlles a Comunidade de Madrid (1,1%), Estremadura (1,1%), Cataluña (1,1%) e Galicia (1%), e, por debaixo do 1%, atópanse os incrementos de Canarias (0,7%), Cantabria (0,5%), Asturias (0,4%), Castela-A Mancha (0,3%), Aragón (0,2%), Euskadi (0,2%), A Rioxa (0,2%), Rexión de Murcia (0,2%) e Castela e León (0,1%). 

En canto a prezos absolutos, Baleares é a que acumula un maior prezo medio da vivenda usada, con 4.322 €/m2, seguida pola Comunidade de Madrid (3.406 €/m2), Euskadi (2.926 euros/m2), Canarias (2.572 euros/m2) e Cataluña (2.403 euros/m2). Doutra banda, as comunidades con menor prezo son Castela-A Mancha (936 euros/m2), Estremadura (996 euros/m2) e Castela e León (1.189 euros/m2). 

Ata 40 provincias rexistraron un incremento nos prezos, destacando Soria (3,8%), Baleares (1,6%), Cáceres (1,6%) e Málaga (1,5%), mentres que as que rexistraron os maiores descensos foron Huesca (-1,8%), León (-1%), Xaén (-0,8%) e Burgos (-0,6%). A provincia de Baleares é a máis cara, con 4.322 euros/m2 por diante de Guipúscoa (3.605 euros/m2), Madrid (3.406 euros/m2) e Málaga (3.226 euros/m2). Cidade Real, pola súa banda, é a máis económica, con 752 €/m2, seguida por Xaén (837 €/m2) e Cuenca (853 €/m2).

Por último, en canto ás capitais de provincia, os prezos aumentaron en 44, sendo o maior incremento o experimentado por Soria, co 5,1%, seguida de Málaga (3%), Palma (2,9%), Lugo (2,5%), Toledo (2,3%) e Tarragona (2%). Huesca é a capital onde máis descendeu, co -2%. San Sebastián continúa sendo a capital máis cara, con 5.557 €/m2, seguida por Madrid (4.473 €/m2) e Barcelona (4.417 €/m2) mentres que as máis económicas son Zamora, con 1.151 euros/m2, seguida por Xaén (1.166 euros/m2) e Lleida (1.232 euros/m2).

Fonte.- Idealista