O prezo da vivenda volverá a cair en 2021, segundo expertos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda volverá a cair en 2021, segundo expertos

O prezo da vivenda volverá a cair en 2021, segundo expertos

Unha primeira instantánea deixa claro que a pandemia do coronavirus non pasou de puntillas polo sector inmobiliario, que se enfronta a unha baixada das vendas dos prezos (tanto na compravenda como no alugueiro) da actividade constructora.

A sacudida continuará en 2021, aínda que non será tan dura como na anterior crise, xa que o prezo está aínda lonxe dos niveis máximos de 2008, o esforzo para acceder a unha vivenda tamén é moi inferior (a finais de 2019 requeríase en torno ao 30% da renda do fogar) e tampouco os bancos tenden a dar créditos e hipotecas na mesma medida.

Así, o INE publicou que a compravenda de vivenda reduciuse en outubro un 13,3% interanual e Bankinter estimou no seu informe de outubro unha merma do 35% en 2020, ata as 326.000 operacións, esperando en 2021 un rebote do 30%, aínda que sen alcanzar os niveis previos ao virus. Ademais, segundo a axencia de calificación Moody’s, a pesar da caída do prezo, o acceso á vivenda será máis difícil o ano que ven, especialmente para a poboación xoven e de baixos ingresos.

Por último, segundo BBVA Research, o prezo baixará un 1,5% este ano de media, a estimación máis optimista, e as caídas atenuaranse ao largo de 2021.

No que hai unanimidade é en que a contracción do prezo será desigual en España, esperando un menor axuste no prezo da vivenda nova porque a súa oferta vai ser máis limitada. En canto á vivenda de segunda man, o seu prezo baixou un 15,2% interanual en outubro segundo o INE. Cousa distinta é a vivenda nova, onde os prezos parecen resistir, de momento, a embestida da crise, salvo en zonas moi específicas.

Fonte | El País