O prezo do alugueiro alcanza o máximo histórico en Pontevedra, segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro alcanza o máximo histórico en Pontevedra, segundo Fotocasa

O prezo do alugueiro alcanza o máximo histórico en Pontevedra, segundo Fotocasa

A provincia de Pontevedra xa é a sétima de España cun maior encarecemento acumulado no último ano, co 14,2%, mentres que a capital do Lérez, cóase como a segunda das sete grandes urbes galegas cun maior aumento nos prezos. Nos últimos doce meses, o encarecemento supera o 12,1%, unicamente superado polo 17,4% de Lugo. En Vigo, por exemplo, a subida interanual é do 10,6, A Coruña apenas supera o 9,3 e Santiago anotouse un 4,9%. No último ano, tan só Cáceres, Ávila, Xirona, Asturias e Tenerife rexistraron encarecementos máis importantes que os de Pontevedra. Son datos do último índice de Fotocasa, con cifras correspondentes ao mes de abril.

No pasado mes de abril, as catro provincias galegas viron incrementar o prezo das súas vivendas en alugueiro, sendo Pontevedra na que máis aumentou, un 14,2%, seguida por Lugo (11,0%), A Coruña (8,5%) e Ourense (7,1%). Dúas das cidades galegas analizadas por Fotocasa superaron en abril o seu prezo máximo de alugueiro, Pontevedra con 8,98 €/m2, e Ferrol, con 7,04 €/m2. Sen embargo, Pontevedra non alcanza o top 3 das das cidades máis caras para alugar unha vivenda, que continúa liderando Sanxenxo no podio, con 15,13 euros/m2 ao mes, seguido da Coruña capital, con 10,62 euros/m2 ao mes, e de Vigo con 10,16 euros.

O Concello de Pontevedra xa declarou a súa intención de estudar a denominación de zonas tensionadas para o alugueiro, unha declaración que tería que aprobar a Xunta e que, de levarse a cabo, permitiría impor límites nos prezos dos arrendamentos. Para iso anunciouse a contratación dun estudo que analizará estes prezos actuais, a súa evolución e a comparación dos mesmos coa renda per cápita da poboación.

Fonte.- Diario de Pontevedra