O prezo do alugueiro cae e o de venda manténse nas grandes cidades españolas pola Covid | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro cae e o de venda manténse nas grandes cidades españolas pola Covid

O prezo do alugueiro cae e o de venda manténse nas grandes cidades españolas pola Covid

As cidades máis poboadas de España son a súa vez as que máis tensionado teñen o seu mercado da vivenda, tanto en compravenda como en alugueiro, xa que dos 47,3 millóns de habitantes que vivían no noso país a 1 de xaneiro de 2020, segundo is datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), máis de 9 (9,1 millóns) tiñan como residencia unha das dez cidades máis poboadas (é dicir, o 20%).

Así, dos estudos publicados este mércores mostran o forte impacto que o coronavirus tivo na economía do país e o sector inmobiliario: mentras o prezo da vivenda nas áreas metropolitanas apenas subiu un 0,4% entre marzo e agosto, o do alugueiro acumula retrocesos nese mesmo período.

Os casos máis chamativos son os de Madrid e Barcelona. Segundo o último informe de prezos inmobiliarios elaborado por Idealista, ambas cidades alcanzaron o prezo máximo da serie histórica durante maio e desde entonces o valor dos arrendamentos caiu un 4% no caso da capital e un 9% no da Cidade Condal.

Ademáis, 28 capitais nacionais experimentaron caídas de prezo no mercado do alugueiro de vivendas durante agosto, mentres que a nivel nacional subiu un 0,8%.

A incorporación dun gran banco de aloxamentos turísticos ao mercado do alugueiro residencial está detrás deste cambio de tendencia. Ademáis, o teletraballo permitiu a moitos sair das grandes cidades e gran parte dos estudantes universitarios aínda non se trasladaron polas dudas en torno ao curso académico. Así, co aumento da oferta, os prezos caen.

Fonte | El Español