O prezo do alugueiro en Alemaña tamén se frea pola Covid-19 | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro en Alemaña tamén se frea pola Covid-19

O prezo do alugueiro en Alemaña tamén se frea pola Covid-19

A pandemia deixou un profundo impacto no mercado alemá do alugueiro: dous recentes estudos amosan que o coronavirus freou de forma notable a tendencia alcista dos últimos anos, que afectaba especialmente ás grandes cidades, e deixa incluso caídas nalgúns grandes núcleos urbanos. As zonas periféricas das maiores cidades cotizan, porén, á alza porque despuntou a demanda por espazos verdes e abertos.

Segundo a análise da consultora inmobiliaria Value, o arrendamento medio en Alemaña (gastos aparte) apenas subiu un 1,6% en 2020, unha revalorización mínima tras os repuntes promedio de ata o 5% rexistrados nos exercicios previos na primeira economía alemá. Porén, os arrendamentos na maioría das grandes cidades subiron, aínda que de forma moito máis moderada que nos anos anteriores. A excepción é Berlín, onde caen un 3%, ata os 10 euros o m2, tras duplicarse na última década.

Nas outras sete grandes cidades rexístranse subas leves: Fráncfort avanza un 3%, ata os 14,29 euros, mentres que en Hamburgo subiron un 4% (12 euros/m2) e tamén en Colonia (11,83) e Stuttgart (13,89), mentres que en Múnich (18,55) e Bonn (10,48) os laugueiros incrementáronse un 5%.

Fonte | Idealista