O prezo do alugueiro en Reino Unido continúa crecendo, impulsado por unha migración en cifras récord | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro en Reino Unido continúa crecendo, impulsado por unha migración en cifras récord

O prezo do alugueiro en Reino Unido continúa crecendo, impulsado por unha migración en cifras récord

Segundo unha análise de Capital Economics, a crise dos alugueiros en Reino Unido está agrávandose por unha migración neta récord, xa que a oferta de vivenda non consegue manter o ritmo de crecemento da poboación. O número de fogares alugados por novos inmigrantes pasou dunhas 80.000 ao ano na década do 2010, a máis de 200.000 nos últimos anos. O análise baséase en datos da Oficina de Estatísticas Nacionais que suxiren que o 80% dos novos inmigrantes alugan no sector privado. 

A principal conclusión do estudo é que os resultados suxiren que a dependencia da economía británica dos traballadores estranxeiros e a falta de construción de nova vivenda están chocando, agravando o custo da vida para os inquilinos. Este aumento da inmigración provoca un aumento da demanda, que a oferta actual non é capaz de satisfacer, o que dispara o custo dos alugueiros en comparación ao salario medio do país. Capital Economics afirma que a inmigración foi impulsada polos estudantes internacionais, os traballadores sanitarios e os inmigrantes procedentes principalmente de Hong Kong e Ucraína. Ademáis, súmanse os aspirantes a propietarios de vivenda que teñen que alugar durante máis tempo debido ao aumento dos tipos de interese das hipotecas. 

Andrew Wishart, economista inmobiliario de Capital Economics, advirte que moitos fogares con rendas baixas están sendo excluídos do mercado do alugueiro, con listas de espera de vivendas sociais e un aumento do número de persoas que teñen que vivir nas rúas. 

Fonte.- Idealista