O prezo do alugueiro en Vigo supera o de capitais europeas como Viena ou Budapest | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro en Vigo supera o de capitais europeas como Viena ou Budapest

O prezo do alugueiro en Vigo supera o de capitais europeas como Viena ou Budapest

Analizando as ofertas de alugueiro nos principais portais web, amósase que a cidade máis poboada de Galicia ten un importante problema de oferta, que é cada vez máis baixa, mentres que o prezo é cada vez máis alto. Segundo Idealista, o prezo por metro cadrado en marzo situouse en 9,8 €, aumentando un 3,16 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado (9,5 €/m2), e un 7,69 % con respecto ao mes de marzo de 2022 (9,1 €/m2). A cifra actual supera o prezo medio que rexistraron en 2023 ata cinco capitais europeas: Budapest (9,6 €/m2), Riga (9,5 €/m2), Viena (9,5 €/m2), Bucarest (8,1 €/m2) e Sofía (4,6 €/m2). 

Segundo os datos da Oficina Europea de Estatística (Eurostat), no caso de Bulgaria, Hungría e Romanía, os salarios están en menos da metade que en España, mentres que en Letonia está un 50 % por debaixo. Sen embargo, destaca o caso de Viena, cuxo salario medio practicamente duplica o salario medio en España. Esta situación explícase en que Viena destaca como referencia internacional no desenvolvemento de solucións para facilitar o acceso ao fogar. Concretamente, o parque de vivendas da cidade vienesa está composta por 220.000 pisos municipais e 200.000 vivendas sociais, segundo recolle a páxina web oficial do concello. 

O caso de Vigo atópanse lonxe da capital de Austria, posto que en 2023 rexistráronse 18 compravendas de vivenda protexida, a cifra máis baixa de serie histórica, exceptuando 2020. O Rexistro Único de Demandantes de Galicia amosa que son 5.700 as solicitudes de vivenda na cidade, polo que é evidente a diferenza entre oferta e demanda. O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se prevé aprobar de forma definitiva este ano, axudará a ter en disposición solo para a construción de case 51.500 vivendas, das que preto de 14.400 prevese que estean sometidas a algún tipo de protección. Expertos en materia inmobiliaria vaticinan que o aumento da oferta e a esixencia a todos os ámbitos de nova urbanización ou reforma interior do 30% de vivenda protexida contribuirán a baixar os prezos de arrendamento e de compravenda.

Fonte.- Faro de Vigo