O prezo dos baixos comerciais dispárase en Palma, Baleares, debido ás facilidades para reconvertelos en vivendas | Observatorio de Vivenda

O prezo dos baixos comerciais dispárase en Palma, Baleares, debido ás facilidades para reconvertelos en vivendas

O prezo dos baixos comerciais dispárase en Palma, Baleares, debido ás facilidades para reconvertelos en vivendas

Os prezos de venda dos locais comerciais en Palma, Baleares, incrementáronse desde os 70.000 euros aos 120.000 debido ao interese pola súa reconversión a vivendas, segundo informa José Miguel Artieda, presidente do Colexio de Axentes Inmobiliarios de Balears (APIs). Aseguran que 'a subida dos prezos prodúcese tanto se ten a posibilidade de cambiar o uso de comercial a vivenda coma se non consegue a cédula de habitabilidade'. 

O custo do proxecto e a obra ascende aos 40.000 euros, un prezo máis que accesible para obter vivendas por baixo do prezo de mercado. A compra destes locais prodúcese na periferia da cidade balear ante a procura dunha vivenda alcanzable, elevando a demanda e con iso a alza dos prezos. Como en todo, hai quen compra estes baixos para vivir eles mesmos, e quen os compra por especular.

A posta en marcha do decreto de emerxencia habitacional do Govern é a que permitiu, maiormente, a conversión dos locais en vivendas adaptadas á realidade e que premitan a saída de novas vivendas. Os locais máis demandados son aqueles con dobre ventilación e con patio exterior, cun prezo de planta baixa que ascende aos 300.000 euros.

Fonte.- Periódico de Ibiza