O prezo dos materiais de construción e a falta de man de obra, principais motivos do encarecemento da vivenda | Observatorio de Vivenda

O prezo dos materiais de construción e a falta de man de obra, principais motivos do encarecemento da vivenda

O prezo dos materiais de construción e a falta de man de obra, principais motivos do encarecemento da vivenda

Aínda que o prezo das materias primas da construción estabilizouse no último ano, resístese a baixar, e a día de hoxe é aínda un 22% maior que antes da pandemia. Segundo os datos do Colexio de Rexistradores, o custe medio da vivenda subíu un 1% o pasado ano, cifra que aumentaría este 2024 ata o 1,5% segundo as previsións dos principais organismos. Nada parece indicar que o prezo das casas baixe próximamente, principalmente por unha razón: o custe de construir unha vivenda continua en máximos. 

O aumento dos custes comezou trala pandemia, durante a crise de subministros que desatou unha inflación xeralizada en tódolos sectores, e acentuouse co conflito entre Ucraína e Rusia, mesmo provocando a paralización de promocións de vivendas. Dende entón, a tendencia alcista de prezos moderouse. O pasado xaneiro rexistrouse un leve descenso do 0,9% nos custes de construción, aínda que, a pesar de que a subida poida ser menos vertical e mesmo parece que se estabilicen os prezos, seguen por enriba dos niveis anteriores á pandemia. 

Da estatística publicada polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible despréndese que os custes de edificación, que inclúen man de obra e consumo dos materiais, incrementouse un 22% dende xaneiro de 2020. Os expertos do sector afirman que o comportamento do prezo dos materiais é o principal responsable da subida nos prezos da vivenda. Dende a crise de 2008 ata a pandemia, o crecemento nestes custes foi do 7%, mentres que nos últimos 3 anos ascendeu ao 33%. O cemento subíu un 11% neste último ano, e un 42% dende a crise de subministros, mentres que o ieso aumentou en 14% en 2023, sumado ao 8% de aumento dos materiais áridos. 

Diego Vázquez Reino, presidente da Federación Galega da Construción, admite que o aumento de prezos das materias primas, a pesar de moderarse, segue sendo un dos principais condicionantes para un sector que representa o 5,5 % do Produto Interior Bruto galego e emprega a máis de 75.000 persoas na comunidade. Dende a Federación infórmase que a principal causa para que cada vez sexa máis caro construir é a subida de man de obra, debido a que os custes laborais aumentaron un 10% no último convenio, sumado á escaseza de profesionais. 

Fonte.- La Voz de Galicia