O prezo medio da vivenda libre alcanza máximos dende 2010 | Observatorio de Vivenda

O prezo medio da vivenda libre alcanza máximos dende 2010

O prezo medio da vivenda libre alcanza máximos dende 2010

Segundo a estatística sobre o valor taxado da vivenda publicada polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, o prezo medio da vivenda libre subiu un 5,3% ao peche de 2023, alcanzando 1.842,3 €/m2 no último trimestre, o máximo valor dende o segundo trimestre de 2010, onde se situou en 1.848,9 €/m2. A subida neste último trimestre foi do 1,6% con respecto ao trimestre anterior. 

O valor medio do metro cadrado da vivenda libre de ata cinco anos de antigüidade situouse nos 2.166,9 no cuarto trimestre do ano, un 4% máis caro que no mesmo período do ano anterior. Pola súa banda, a vivenda libre de máis de cinco anos rexistrou un incremento do 5,4%, ata os 1.833,1 euros por metro cadrado.

Por comunidades autónomas, ata 6 superan o incremento medio nacional, en concreto, o maior incremento rexistrouse en Baleares, un 9,7% máis, ata os 2.957,7 €, seguida polo incremento do 8,8% na Comunidade Valenciana, e do 7,5% en Canarias. O menor incremento rexistrouse en Ceuta e Melilla, un 0,2% máis, alcanzando os 1.827,3 €. O prezo máis alto da vivenda libre actualmente sitúase en Madrid, alcanzando no cuarto trimestre de 2023 a cifra de 3.080 €/m2, mentres que o prezo máis baixo deuse en Extremadura, tan só 883,6 €/m2.

En canto ás provincias, destacan os aumentos en Málaga (+9,7%), Alicante (+9,3%), Santa Cruz de Tenerife (+9,2%) e Valencia (+9,1%), mentres que tan só preséntanse reducións nos prezos en Ciudad Real (-2,3%), Ceuta (-1,5%), Xaén (-0,5%) e Ourense (-0,2%).

En relación á vivenda protexida en España, o prezo medio alcanzou os 1.166,8 €/m2 a finais de 2023, un 0,8% máis que no mesmo período do ano anterior. 

Fonte.- Idealista