O prezo medio da vivenda subíu un 10,6% nas 150 cidades principais do mundo | Observatorio de Vivenda

O prezo medio da vivenda subíu un 10,6% nas 150 cidades principais do mundo

O prezo medio da vivenda subíu un 10,6% nas 150 cidades principais do mundo

 

A subida dos prezos da vivenda a nivel mundial non se detén. O prezo medio das vivendas nos 150 principais mercados do planeta aumentou un 10,6% a peche do terceiro trimestre, segundo o Índice de Knight Frank. Máis de 60 cidades presentan subidas de dobre díxito, como Wellington (33,5%), Estambul (32,6%) ou Seúl (32,3%). Con todo, as capitais españolas analizadas rexistran uns incrementos moito máis moderados. Sendo Málaga a que acada o maior crecemento, dun 7,6%.

Os últimos datos publicados polo Índice global do mercado residencial de Knight Frank, que analiza 150 grandes cidades do planeta, afirman que os prezos no terceiro trimestre de 2021 aumentaron ao ritmo máis rápido en case 17 anos, ata acadar unha subida media de 10,6% fronte ao mesmo período do ano anterior. Só 11 cidades rexistraron caídas interanuais, entre as que cabe destacar Kuala Lumpur, en Malaisia (-5,7%), ou as cidades italianas de Venecia (-5,3%), Xénova (-3,9%) ou Palermo (-2,3%).

Polo lado contrario, a cidade turca de Izmir lidera a clasificación anual cun crecemento de prezos do 34,8%, seguida pola capital neozelandesa, Wellington (33.5%) ou a cidade de Phoenix, en EEUU (33,1%).  Ata outras seis cidades repartidas por todo o planeta superan incrementos do 30% nos prezos da vivenda a peche de setembro: Istambul (32,6%), Seúl (32,3%) ou Ankara (30,9%) entre as máis coñecidas.

En total, un 44% das cidades analizadas por Knight Frank experimentou un aumento dos prezos de dobre díxito. Con todo, segundo a consultora inmobiliaria, a alza dos prezos reduciuse en 51 cidades se miramos a evolución intertrimestral. Moscova, Tel Aviv e Perth, en Australia, experimentaron as maiores caídas entre xuño e setembro.

 

Entre outras cidades internacionais destacada é Dubái, en Emiratos Árabes Unidos, que tras experimentar sete anos de prezos medios negativos, marcou un cambio de tendencia, cun crecemento dos prezos en setembro do 6,1%, tras rexistrar unha ultima caída do 4,4% en xuño pasado. “O manexo da pandemia por parte dos Emiratos Árabes Unidos, a súa oferta de grandes espazos para a vida na costa e as iniciativas de visado están a atraer expatriados e estimulando a demanda”, afirman desde Knight Frank.

Fonte | Idealista