O Senado francés aproba unha lei que permite aos alcaldes prohibir o alugueiro vacacional por un período superior a 120 días ao ano | Observatorio de Vivenda

O Senado francés aproba unha lei que permite aos alcaldes prohibir o alugueiro vacacional por un período superior a 120 días ao ano

O Senado francés aproba unha lei que permite aos alcaldes prohibir o alugueiro vacacional por un período superior a 120 días ao ano

Francia, como España, vive un grave problema de vivenda nas zonas turísticas porque os prezos están crecendo moito. A raíz desta situación, o Senado francés aprobou esta semana unha dura lei que da poderes aos alcaldes para prohibir o alugueiro vía Airbnb ou similares por un período superior aos 120 días ao ano (uns catro meses).

Adicionalmente, redúcese a vantaxe fiscal que tiñan os alugueiros vacacionais, que permitía tributar como ingresos cunha redución fiscal, mentres que os do alugueiro tradicional tributaban como ingreso ao 100%. Ata este momento, os ingresos que obtiñan os propietarios destas vivendas tiñan unha redución do 70 ou 50% na súa tributación. A partir de agora, só poderán reducir a tributación fiscal nun 30%. Ademáis, as vivendas vacacionais deberán cumprir unha clasificación enerxética D ou superior, aínda que disporán dunha década para alcanzar esta meta. 

Fonte.- Preferente