O stock de vivendas en alugueiro dispárase nas grandes cidades desde a chegada da covid-19 | Observatorio de Vivenda

O stock de vivendas en alugueiro dispárase nas grandes cidades desde a chegada da covid-19

O stock de vivendas en alugueiro dispárase nas grandes cidades desde a chegada da covid-19

Tras seguir a evolución das rendas nas grandes cidades, observouse que o alugueiro tardou algo máis de tempo en rexistrar caídas xeralizadas nos seus prezos fronte ao mercado de compravenda, desde o avance do parón económico provocado pola crise sanitaria da covid-19 en marzo.

Esta rebaixa xeralizada dos alugueiros ten como causa principal o aumento da oferta de vivendas no mercado de arrendamento, sobre todo, durante o período de confinamento. De feito, o incremento do número de pisos en stock durante a última semana de setembro (ata o 20 de setembro) duplicouse en todas as cidades analizadas se se compara con datos de fai un ano, pero tamén se multiplicou se se cotexa con datos recollidos xusto a semá antes do comezo do estado de alarma (8 de marzo de 2020).

Durante o confinamento, tamén ocurriu que se alcanzaron mínimos na oferta de pisos de alugueiro, sobre todo durante as restriccións máis duras da cuarentena na pasada Semana Santa, pero, desde entón, non parou de crecer ata a volta á normalidade, e tras a saída do estado de alarma. 

Existen varios motivos que poden explicar esta acumulación de stock: por un lado, o atasco que se produciu durante o confinamento ao non poder visitar inmobles e pechar alugueiros e por outro, están os inmobles que se pasaron do mercado de compravenda e do alugueiro vacacional ao alugueiro de larga duración.

Madrid é a cidade con maior volume de vivendas no mercado do alugueiro, con máis de 30.700 casas en stock na última semá ata o 20 de setembro de 2020, seguida de Barcelona, a cal presenta actualmente cerca de 23.500 pisos en alugueiro, o que supón, como en Madrid, duplicar o stock de anuncios de fai un ano (setembro 2019).

Fonte | Idealista