O stock de vivendas en Galicia toca mínimos históricos pese á ralentización das vendas | Observatorio de Vivenda

O stock de vivendas en Galicia toca mínimos históricos pese á ralentización das vendas

O stock de vivendas en Galicia toca mínimos históricos pese á ralentización das vendas

O stock de pisos é unha das variables que amosan como evoluciona o sector inmobiliario e económico. No mercado inmobiliario galego, a finais do primeiro trimestre quedaban sen vender 20.635 casas, cifra que supóne unha redución de case o 47,5% dende 2010, cando chegou a máximos con case 40.000 (39.368) segundo o último Informe de Coxuntura Económica da Confederación Española de Asociaciones de Fabricantes de Productos de Construcción. É dicir, na última década o stock de pisos que non atopaban comprador reduciuse case a metade na comunidade galega. 

Porén, dito descenso ralentizouse debido sobre todo ao coronavirus: se en anos anteriores a baixada rondaba o 5-7% no primeiro trimestre con respecto ao mesmo período do exercicio anterior, a caída foi só do 0,4%. Para que disminua a bolsa de inmobles novos teñen que producirse máis vendas de casas que viviendas poñen en circulación as constructoras e as transaccións cada vez son menos (no primeiro trimestre só se producieron 975 en Galicia, a segunda cifra máis baixa das últimas dúas décadas).

O groso do stock de pisos sen estrear concéntrase en A Coruña e Pontevedra (tres de cada catro), aínda que a maior redución da bolsa de pisos pendentes de compra experimentouna Ourense, cun descenso do 3,7%, porcentaxe moi similar ao de A Coruña.

O sector espera que o parque de vivendas sen vender volva a aumentar en Galicia.

Fonte | La Opinión Coruña