O último estudo de Fotocasa sinala que o prezo acumulativo da vivenda en alugueiro aumentou un 78% en España nos últimos 10 anos | Observatorio de Vivenda

O último estudo de Fotocasa sinala que o prezo acumulativo da vivenda en alugueiro aumentou un 78% en España nos últimos 10 anos

O último estudo de Fotocasa sinala que o prezo acumulativo da vivenda en alugueiro aumentou un 78% en España nos últimos 10 anos

O alugueiro dunha vivenda en España custa un 78% máis que fai unha década, pasando dunha media de 553 euros ao mes aos 984 que se paga como media en abril de 2024 por unha vivenda de 80 metros cadrados. Por tanto, o prezo por metro cadrado pasou dos 6,91€/m2 en abril de 2014 aos 12,30€/m2 que se pagan en abril de 2024. Nos últimos cinco anos, o prezo subiu un 24%, mentres que o valor no último ano aumentou un 5%. Estes resultados saen da último análise levado a cabo por Fotocasa. 

En todas as comunidades autónomas produciuse un incremento do alugueiro nesta década, pero concretamente, en catro o aumento superou o 100%. O maior incremento deuse en Baleares, que pasou de 7,03€/m2 a 18,14 €/m2, o que supón un aumento do 158%. A Baleares séguenlle os incrementos da Comunidade Valenciana (139%), Canarias (137%), Madrid (103%), Cataluña (99%), Cantabria (98%) e Rexión de Murcia (83%). Por debaixo da media nacional, sitúanse Andalucía (78%), Navarra (74%), A Rioxa (72%), Galicia (70%), Asturias (64%), Castela e León (63%), País Vasco (62%), Aragón (53%), Estremadura (49%) e Castela-A Mancha (46%).

María Matos, directora de Estudos e portavoz de Fotocasa, en relación ao informe, sinala que "O custo do alugueiro subiu de forma significativa dende a recuperación económica debido ao fomento da vivenda de alugueiro como principal solución habitacional trala crise de 2008", e engade "a reactivación da demanda fronte ao déficit de oferta existente propiciou un tensionamento dos prezos que se fixo cada vez máis intenso, ata superar o prezo rexistrado na burbulla inmobiliaria de 2007 nun 33%". 

Fonte.- Bolsamania