A oferta de habitacións en pisos compartidos creceu un 32,3% no último ano segundo o portal Idealista | Observatorio de Vivenda

A oferta de habitacións en pisos compartidos creceu un 32,3% no último ano segundo o portal Idealista

A oferta de habitacións en pisos compartidos creceu un 32,3% no último ano segundo o portal Idealista

A oferta de habitacións nas capitais españolas disparouse un 32,3% no último ano segundo un estudo publicado por Idealista. Este aumento da oferta provocou que na cidade de Palma o alugueiro de habitacións se reducira un 7%, mentras que en Barcelona o decremento foi do 6%. Os prezos tamén se reduciron en Madrid (-3,7%), Málaga e San Sebastián (-2,6% en ambos casos), Bilbao e Las Palmas de Gran Canaria (-0,6% en ambas cidades) e Pamplona (-0,1%).  

O maior incremento de prezo rexistrouse en Segovia (15%), seguido por Lleida (13,3%), Huelva (12,7%), A Coruña (11,3%) e Ávila (11,1%). Síguenlle as subidas de Palencia (10,6%), Girona (9,7%), Cáceres (9%) e Cádiz (8%).

A pesar da caída, Barcelona é a cidade coas habitacións máis caras do país, xa que se solicitan 415 euros por alquilalas, seguida de San Sebastián (414 euros mensuais), Madrid (400 euros) e Palma (388 euros). Ciudad Real é, en cambio, a cidade máis económica de entre as analizadas (167 euros mensuais), seguida por Badajoz (171 euros), Cáceres (179 euros) e Jaén (199 euros).

Por outra parte, as persoas que comparten piso en España teñen un perfil similar ao que tiñan o ano pasado, aínda que a idade media volveu a subir ata os 31 anos.

Fonte | Idealista