Os alugueiros en Berlin creceron un 11% no último ano, segundo o portal inmobiliario ImmoScout24 | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros en Berlin creceron un 11% no último ano, segundo o portal inmobiliario ImmoScout24

Os alugueiros en Berlin creceron un 11% no último ano, segundo o portal inmobiliario ImmoScout24

Na capital xermana, o 85% da poboación vive en vivendas alugadas a longo prazo, o que supón un problema na actualidade, debido a que, segundo o portal inmobiliario ImmoScout24, os alugueiros na cidade de Berlin eleváronse un 11% no último ano, e un 20% no caso das vivendas de nova construción. Esta situación ven sendo provocada por unha importante falta de stock dos pisos en alugueiro. Na capital os subarrendos, que dan escasa protección aos residentes e elevan o custo considerablemente fronte ao prezo orixinal, xa se converteron nunha porcentaxe destacable do total de vivendas en alugueiro na capital alemana. Con todo, incluso este tipo de arrendamentos está a sufrir problemas de stock.

Segundo o portal inmobiliario, as vivendas máis demandadas son aquelas de 60 m2 por preto de 600€/mes, pero a oferta continua sendo baixa. Cada vez que aparece algunha no mercado, en zonas como Berlín conta con preto de 650 solicitudes ao día, mentres en Colonia ou Hamburgo alcanza as 200. As parellas son os inquilinos que máis fácil teñen facerse cun alugueiro, xa que son os máis apreciados polos propietarios. O temor a ter que enfrontar situacións máis complicadas no sector da vivenda fixo que moitos decidan manterse na súa posición actual, polo menos ata que esta crise inmobiliaria comece a reverterse, polo que as altas cifras de alugueiros e os prezos altos continuarían sendo unha constante no sector inmobiliario alemán.

Fonte.- Idealista