Os británicos necesitan un permiso para comprar casa en algunhas zonas costeiras españolas como consecuencia do Brexit | Observatorio de Vivenda

Os británicos necesitan un permiso para comprar casa en algunhas zonas costeiras españolas como consecuencia do Brexit

Os británicos necesitan un permiso para comprar casa en algunhas zonas costeiras españolas como consecuencia do Brexit

O Brexit deixou polo camiño unha serie de inconvintes para os británicos e os seus lazos con España, e entre eles está o investimento residencial. Existen zonas en España nas que para adquirir un activo inmobiliario ou solo é necesario un permiso do Ministerio de Defensa.

Estas zonas son as chamadas zonas de protección militar, e a partir de agora, os británicos que queran comprar un inmoble nunha ubicación afectada por esa catalogación deberán realizar unha serie de trámites que alargarán todo o proceso. 

Entre as zonas afectadas, e cun interese estratéxico, estarían Cartaxena, Estreito Xibraltar, bahía de Cádiz, a fronteira con Portugal, algunha zona de Torrevella e Orihuela, parte da costa galega, territorios insulares e territorios do Norte de África (tales como Ceuta e Melilla). 

Estes requerimentos adicionais que van a ter que realizar os británicos pola compra en zona militar terá un gran impacto nos mercados inmobiliarios de determinadas zonas, xa que o peso do cliente británico nelas é importante e estas medidas afectarán ao incentivo de compra e venda, e por tanto,á liquidez do mercado, e aos prazos de peche na escrituración das vivendas.

Fonte | Idealista