Os concellos de Santiago e A Coruña esixen ser declaradas zonas tensionadas, mentres que Vigo non o considera | Observatorio de Vivenda

Os concellos de Santiago e A Coruña esixen ser declaradas zonas tensionadas, mentres que Vigo non o considera

Os concellos de Santiago e A Coruña esixen ser declaradas zonas tensionadas, mentres que Vigo non o considera

Os concellos de A Coruña, en outubro, e Santiago, nesta última semana, mostraron a súa vontade por ser declaradas zonas tensionadas e, amparándose na medida da nova Lei de Vivenda sobre zonas tensionadas, facer que se apliquen limitacións aos prezos dos alugueiros co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda. Por outro lado, o concello de Vigo rechaza esta situación, e opta por centrar os seus esforzos en vivenda social e controlar os pisos turísticos a través de Plan Xeral de Ordenación Municipal. 

A alcaldesa de A Coruña xustifica a petición amparándose, entre outros motivos, na cifra de demandantes de vivenda pública na cidade, 2.305 en outubro cando se realizou a petición, sendo na actualidade 2.477, segundo os datos publicados polo IGVS a través do Rexistro Único de Demandantes de Galicia. Doutra banda, na cidade de Santiago, o rexistro de demandantes indica que actualmente son 980 as peticións de vivenda pública, e en Vigo, onde non se realizou a demanda, as peticións no Rexistro ascenden a 7.039, case o triplo que na Coruña. 

O aumento dos prezos de alugueiro nos últimos anos sitúase como unha das craves para declarar unha zona como tensionada. Neste caso, segundo Idealista, no concello de A Coruña entre 2015 e 2023 o incremento nos prezos foi do 65,7%, pasando de 6€/m2 a 9,4€/m2. En Santiago o crecemento foi do 64,8%, pasando de 5,4€/m2 en 2015 a 8,9€/m2 en 2023. Por último, en Vigo o crecemento foi do 36%, pasando de 6,8€/m2 en 2015 a 9,4€/m2 neste último ano. 

Fonte.- Faro de Vigo