Os datos do Colexio de Rexistradores e do Instituto Nacional de Estatística confirman unha caída en compravendas e hipotecas de vivendas no mes de maio  | Observatorio de Vivenda

Os datos do Colexio de Rexistradores e do Instituto Nacional de Estatística confirman unha caída en compravendas e hipotecas de vivendas no mes de maio 

Os datos do Colexio de Rexistradores e do Instituto Nacional de Estatística confirman unha caída en compravendas e hipotecas de vivendas no mes de maio 

Segundo os datos do Colexio de Rexistradores, a compravenda de vivenda situouse en 25.483 transaccións no pasado mes de maio, o que supón unha caída do 53,4% interanual. Mentres, os préstamos hipotecarios para a adquisición dunha vivenda descenderon un 43,7% fronte a maio de 2019, ata as 15.325 operacións. En plena fase de desescalada pola crise da coronavirus, o prezo das vivendas vendidas foi de 1.430 euros/m2, o que supón un incremento do 1,5%. 

Os datos de maio melloraron a situación do mes de abril, cando a venda de vivendas desplomouse máis dun 70%, marcando mínimos históricos. As transaccións de pisos mostraron unha reducción do 53,8% interanual, encabezado pola caída das operacións de pisos de segunda man (-56,2% interanual) fronte aos novos (-33% interanual). Pola súa parte, a vivenda unifamiliar experimentou unha redución do 51,6%. 

Por outra parte, os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman que o mes de maio representou a maior caída porcentual de toda a súa seria histórica. Con apenas 22.394 operacións tivo unha caída do 53,7% interanual, mentres que a vivenda nova baixou un 48,7%, a vivenda usada desplomouse un 54,7%. 

Por tipo de vivenda, as casas usadas pecharon o segundo mes completo en pleno estado de alarma pola coronavirus con 18.122 transaccións, marcando un novo mínimo dende novembro de 2014, e apenas se venderon 4.272 vivendas novas, sendo a cifra absoluta máis baixa de toda a serie histórica do INE dende que arrancou en 2007. 

No que vai de ano, a compravenda de vivendas en España baixou un 22,8% fronte ao mesmo período de 2019. Tódalas comunidades autónomas presentaron taxas anuales negativas en maio. 

 

Fonte | idealista