Os datos do mercado residencial en EEUU recopilados por RealPage mostran que os inquilinos cambian o centro pola periferia nas grandes urbes | Observatorio de Vivenda

Os datos do mercado residencial en EEUU recopilados por RealPage mostran que os inquilinos cambian o centro pola periferia nas grandes urbes

Os datos do mercado residencial en EEUU recopilados por RealPage mostran que os inquilinos cambian o centro pola periferia nas grandes urbes

A análise do mercado de alugueiro en Estados Unidos de RealPage do mes de xuño, mostra que o aumento do teletraballo en moitas empresas, xunto co peche das actividades de ocio e cultura das zonas céntricas de importantes cidades como Nova York ou Los Ángeles, está producindo cambios na forma de alugar vivendas. Así, mentres aumento os alugueiros en zonas residenciais da periferia, caen os ingresos por rendas no centro das grandes urbes. 

Por primeira vez dende que RealPage recolle datos do mercado residencial en EEUU, os ingresos por rendas do alugueiro entre as zonas céntricas e a periferia alcanzan a súa maior diferencia. Mentres os propietarios de pisos de alugueiro nos centros urbanos viron caer os seus ingresos un 1,4% interanual en xuño, nas zonas residenciais aumentou ata un 2,2%. A xente vaise das grandes cidades pola posibilidade de teletraballar, e a perda de interesa coa actividade cultural e de ocio, paralizada, xunto aos bares e restaurantes pechados. 

As áreas metropolitanas cas maiores caídas anuais de alugueiros en xuño foron en San José (California), con unha caída do 14%, seguida por San Francisco, cun 12% e Los Ángeles, cun 9,5%. Os centros urbanos perden inquilinos en favor da periferia, mudándose a vivendas máis grandes fora da cidade. Ao mesmo tempo, a demanda de estranxeiros que se interesan polo alugueiro en Manhattan, Miami ou San Francisco desapareceu. 

 

Fonte | Bloomberg