Os estranxeiros pagaron en promedio 2.175 €/m2 pola compra de vivenda, segundo o Consello do Notariado | Observatorio de Vivenda

Os estranxeiros pagaron en promedio 2.175 €/m2 pola compra de vivenda, segundo o Consello do Notariado

Os estranxeiros pagaron en promedio 2.175 €/m2 pola compra de vivenda, segundo o Consello do Notariado

Segundo os últimos datos publicados polo Consello Nacional do Notariado, os non residentes desembolsaron de media 2.715 €/m2 dos inmobles na segunda metade de 2023, un 6,1% maior interanual, e a cifra máis alta da serie histórica. Este prezo tan elevado impulsou o importe medio que pagou o conxunto de foráneos, tanto residentes coma non residentes, que se situou en 2.175 €/m2, aumentando un 4,1% interanual, e volvendo a niveis de 2008. Tamén afectou ao prezo medio en todo o territorio, tanto para estranxeiros como nacionais, que alcanzou os 1.712 €/m2, crecendo de forma interanual un 2,1%. 

Os países cuxos compradores pagaron maiores prezos en España foron Suecia (3.077 euros/m2), EEUU (3.006 euros/m2), Alemania (2.848 euros/m2) e Suiza (2.828 euros/m2). Por debaixo, pero superando o prezo medio pagado polo conxunto de estranxeiros sitúanse os compradores de Noruega, Polonia, Rusia, Países Baixos, Francia e Italia. Doutra banda, os prezos máis baixos os abonaron os compradores de Marrocos (723 €/m2), Romanía (1.096 €/m2) e Bulgaria (1.219 €/m2). Os prezos creceron en 2023 máis para os compradores de Polonia (17,9 %), Rusia (16,8 %) e China (10,7 %), os tres superando o incremento do prezo medio (4,1 %). Este aumento dos prezos contrasta co descenso no número de compras estranxeiras, baixando de forma interanual un 10% no segundo semestre de 2023 (63.183 transaccións). Corresponde ao volume total máis baixo dende o segundo semestre de 2021. 

Das 17 comunidades autónomas, tan só 5 rexistran un crecemento na porcentaxe de compra de vivenda por parte de estranxeiros, e son: Asturias (11,5%), Cantabria (4,0%), A Rioxa (3,4%), Murcia (1,8%) e Castela-A Mancha (1,1%). As outras 12 comunidades rexistraron descensos, concretamente: Canarias (‑21%), Baleares (-20,7%), Andalucía (-12,4%), Cataluña (-11%) y Navarra (‑10%), seguidas pola Comunidade Valenciana (‑8,7%), Aragón (-8,5%), País Vasco (-8,5%), a Comunidade de Madrid (-5,9%), Estremadura (-5%), Castela e León (-4,7%) e Galicia (-2,9%).

Segundo o total de transaccións, a Comunidade Valenciana sitúase na cabeza, con 18.919, supoñendo o 29,94 % do total, seguida por Andalucía (11.768), Cataluña (9.773), Madrid (4.502), Canarias (4.280) e Baleares (3.028). Os compradores con maior número de transaccións son os británicos, con 6.155 (o 9,7 % do total), seguidos por marroquís (7,14%) e alemáns (7,11%). Os maiores incrementos no volume de transferencias corresponden a Irlanda (12 %), Ucraína (9 %) e Rusia (4.7 %), mentres que polo contrario, os maiores descensos producíronse nas transaccións realizadas por noruegueses (-30 %), alemáns (-25,8 %) e suecos (-25,1 %). 

Fonte.- Idealista