Os investimentos inmobiliarios descenderon un 37% en vivenda en 2023, segundo CBRE | Observatorio de Vivenda

Os investimentos inmobiliarios descenderon un 37% en vivenda en 2023, segundo CBRE

Os investimentos inmobiliarios descenderon un 37% en vivenda en 2023, segundo CBRE

Segundo os datos da consultora CBRE, o volume de investimentos alcanzou os 11.200 millóns de euros en 2023, o que supuxo un descenso do 36% interanual, posto que en 2022 a cifra de investimentos foi de 17.600 millóns. A consultora informa de que, a pesar da baixada no volume de investimentos, o dato en 2023 está na media dos últimos exercicios, sendo o último tramo do ano o que concentrou o 33% da inversión total, uns 3.700 millóns de euros. En resumidas contas, balance de ano negativo para o investimento inmobiliario en España, debido en parte á subida de tipos de interese levada a cabo polo BCE e o conseguinte encarecemento do financiamento.

No análise por sectores, o comportamento do investimento foi moi dispar. O sector residencial situouse en segunda posición, tan só por debaixo do sector hoteleiro, primeiro foco de investimento con máis de 4.000 millóns transaccións, co 27% do investimento e máis de 3.000 millóns, o que supón tamén un descenso do 32% anual. Neste caso, destacou o protagonismo das operacións destinadas ao alugueiro de vivendas, que concentraron un 61% do investimento neste sector.

O 31% do volume das transaccións sitouse en Madrid, seguido de Barcelona (14%), Málaga (6%) e Valencia (5%). O capital español liderou a inversión cun 36% do total estadounidense (12%), francés (7%), alemán (6%) e inglés (6%), ademáis da cada vez maior inclusión de Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos e Singapur, que concentraron máis do 20% de total de investimentos.

A expectativa de cara a 2024 en canto ás rentabilidades, é unha paulatina estabilización, o que abrirá paso a oportunidades de investimentos e operacións de de maior envergadura.

Fonte.- El Economista