Os pisos turísticos aumentan un 9% no último ano | Observatorio de Vivenda

Os pisos turísticos aumentan un 9% no último ano

Os pisos turísticos aumentan un 9% no último ano

A pandemia do COVID-19 reduciu moito a turismo, e polo tanto a proliferación de pisos turísticos. Coa recuperación a partir de 2021 volveron aumentar, e neste 2023 superou por primeira vez o valor de 2020. Corresponde á máis alta da serie do INE, que comezou en 2020, por tratarse dun estudo experimental. 

Nos últimos 12 meses, o aumento do número de vivendas vacacionais foi do 9,3%, e tódalas comunidades aumentaron excepto Baleares (-0,2%). As comunidades con maior crecemento foron Asturias, cun aumento superior ao 15%, e Galicia e Murcia, superando o 13%. Se se centra o análise na proporción de vivendas vacaciones sobre o total de vivendas, as comunidades con maior porcentaxe son Canarias e Baleares, onde os pisos turisticos alcanzan o 4%, superando á media nacional (1,29%).

Nas 6 grandes cidades (Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza e Málaga), en comparación con 2020 só Málaga aumenta o porcentaxe de pisos turísticos, en concreto un 11%. Doutra banda, en comparación con 2022 todas as cidades aumentan, sendo Valencia (10,2%) e Málaga (10%) as que maís o fan, excepto Barcelona, que descende un 6,6%.

Fonte.- El País