Os pisos turísticos expándense polos barrios e zonas periféricas das cidades | Observatorio de Vivenda

Os pisos turísticos expándense polos barrios e zonas periféricas das cidades

Os pisos turísticos expándense polos barrios e zonas periféricas das cidades

Os pisos turísticos deixan de ser un fenómeno exclusivo das zonas emblemáticas das capitais, e comezan a gañar representatividade nos barrios e localidades periféricas das principais cidades. É unha realidade que empeza a asumir o mercado do alugueiro, e que, trala entrada en vigor da Lei de Vivenda, moitos propietarios movéronse a outras modalidades nas que non se vexan afectados polas intervencións, aínda que estas limitacións tan só afectan ás zonas tensionadas. Debido a isto, o crecemento dos pisos turísticos está sendo moi alto. 

Na cidade de Madrid son 12.498 os anuncios de aloxamentos rexistrados durante o pasado mes de febreiro, segundo os datos da plataforma AirDNA, o que supón un 25% máis de actividade que no mesmo mes de 2023. No caso da capital, aínda que a inmensa maioría de pisos localízanse no distrito Centro, a expansión abarca barrios clásicamente residenciais, onde os prezos do alugueiro eleváronse considerablemente nos últimos anos, como poden ser Puerta del Ángel (130, 41% máIs de anuncios en febrero de 2024 respecto a un ano atrás), Chopera (95, +23%), Pueblo Nuevo (74, +51%), Opañel (65, +48%), Vista Alegre (55, +41%) Quintana (42, +8%), Casco Histórico de Vallecas (33, +22%) e Canillejas: (29, +32%).

O caso máis destacado é o de Barcelona, onde os apartamentos turísticos arrasan nas localidades colindantes (10 pisos turísticos por cada 100 habitantes). En Hospitalet o número de pisos activos en febreiro alcanzaba os 630 (+16%) e tamén crecía en Badalona con 155 (+8%) e Terrassa con 94 (+59%). A conquista dos barrios periféricos non é só cousa das dúas maiores capitais por poboación. En Valencia, Sevilla e Málaga os inmobles de uso turístico tamén comezan a deslocalizarse dos centros históricos. En Valencia, en febreiro contáronse ata 4.620 anuncios de pisos turísticos (+34%), mentres que en Sevilla rexistranse 6.052 anuncios, un 19% máis que no ano anterior, e en Málaga son 6.393 os anuncios localizados, un 28% superior a febreiro de 2023. 

Fonte.- ABC