Os prezos da vivenda en Hong Kong aumentan por primeira vez tras a supresión das restricións | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda en Hong Kong aumentan por primeira vez tras a supresión das restricións

Os prezos da vivenda en Hong Kong aumentan por primeira vez tras a supresión das restricións

Tras reactivarse as vendas coa eliminación das restricións inmobiliarias, o prezo da vivenda en Hong Kong aumentou por primeira vez en marzo en case un ano. O índice de prezos aumentou un 1,06% respecto a febreiro, tras 10 meses consecutivos de descensos, segundo o Departamento de Taxación e Valoración. Marzo foi o primeiro mes completo tras o recorte do gravame á compra de vivenda, que se anunciou polo Goberno a finais de febreiro. Sen embargo, os expertos sinalan que este repunte corresponde a que os promotores buscan desfacerse do exceso de existencias nun momento no que os elevados custos dos préstamos continúan freando a demanda, polo que este crecemento semella que non se mantería no tempo. 

Segundo Hannah Jeong, responsable de servizos de taxación e asesoramento de Colliers International Group Inc. para Hong Kong, na cidade hai 20.000 apartamentos terminados sen vender e 71.000 que están aínda en construción, dúas cifras que representan o máximo histórico. Afirma tamén que o exceso de oferta provoca un axuste á baixa dos prezos por parte dos promotores para liquidar este stock. A perspectiva dos tipos de interese tamén afectaría ao mercado, é dicir, os prezos da vivenda poderían descender entre un 5% a un 10% máis dependendo de se os recortes de tipos da Reserva Federal de EEUU non cumpren as expectativas. 

Fonte.- Idealista