Os prezos da vivenda en Nova York aumentaron un 68% na última década | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda en Nova York aumentaron un 68% na última década

Os prezos da vivenda en Nova York aumentaron un 68% na última década

Os prezos na vivenda, tanto na compra como no alugueiro na cidade de Nova York aumentaron un 68% na última década, o que a coloca como a cidade de Estados Unidos con maior crecemento nos prezos neste periodo de tempo, segundo o informe publicado pola oficina do interventor do estado, Tom DiNapoli. Na actualidade, os neoiorquinos dedican aproximadamente un 40% dos seus recursos ao alugueiro, o que a sitúa como a segunda cidade nesta escala, tan so por debaixo de San Francisco, e cunha cifra maior á media do país, que se sitúa en torno ao 34%. 

Segundo este mesmo informe, o principal problema actualmente é a falta de vivenda accesible, debido a que a maioría das vivendas baleiras son as máis caras. En 2021, máis da metade dos estudos cuxo alugueiro superaba os 2.300 dólares mensuais estaban baleiros. Un 22,4 % dos que custaban entre 1.500 e 2.300 tamén estaban desocupados. A situación serviu para acentuar un grave problema de falta de vivendas e unha alta mendicidade, exacerbado agora pola chegada de miles de novos migrantes á cidade.

Nos primeiros oito meses de 2023, os permisos de construción de novos edificios caeron máis dun 80 %, e en particular os destinados a vivendas multifamiliares, que caeron un 91 %. Como consecuencia, as autoridades víronse obrigadas a expandir os programas de asistencia ao alugueiro fóra da cidade ante o aumento das persoas sen fogar e dos solicitantes de asilo.

Fonte.- El Economista