Os prezos da vivenda en Reino Unido caíron un 2% en novembro de 2023 | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda en Reino Unido caíron un 2% en novembro de 2023

Os prezos da vivenda en Reino Unido caíron un 2% en novembro de 2023

Segundo os datos publicados pola Oficina Nacional de Estatística, os prezos da vivenda en Reino Unido caeron en novembro á velocidade máis rápida da última década, amosando o impacto dos altos tipos de interese no mercado inmobiliario. O promedio dos prezos baixou un 0,8% de outubro a novembro, e un 2,1% en novembro con respecto ao mesmo mes de 2022, fronte ao 1,3% anual rexistrado en outubro. Os prezos da vivenda chegaron en novembro ás 285.000 libras, uns 332.000 euros, o que supuxo unha baixada de case 6.000 libras de media. 

A cidade de Londres foi a urbe máis afectada, cunha baixada do 6% con respecto ao ano anterior. Aínda así, segue sendo a cidade máis cara do país, cuns prezos medios de 505.000 libras, uns 588.000 euros. Esta caída débese principalmente aos altos custos de financiamento despois de que o Banco de Inglaterra elevase os tipos ata o 5,25% para loitar contra o aumento da inflación.

Na actualidade, existen expectativas de que o Banco de Inglaterra comenzará a reducir os tipos de interese ao longo deste ano 2024, o que provocou que moitos proveedores hipotecarios decidan reducir os intereses nalgunhas operacións. En canto ao prezo dos alugueres, a Oficina Nacional de Estatística sinalou que aumentaron nun 6,2% anual en decembro de 2023, a porcentaxe máis elevada deste ano e nunha linea continuista con respecto a novembro. Os expertos achacan esta subida á falta de stock de vivendas en arrendamento, que está provocando que este problema empeore xunto cos altos tipos de interese e unha alta demanda polas dificultades asociadas á compra.

Fonte.- Idealista