Os prezos da vivenda soben por sorpresa no Reino Unido | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda soben por sorpresa no Reino Unido

Os prezos da vivenda soben por sorpresa no Reino Unido

O prezo medio da vivenda subíu no mes de novembro, por terceiro mes consecutivo, un 0,2%, fronte ás expectativas de caída dun 0,4% dos economistas, segundo os datos de Nationwide Building Society. As particularidades británicas e as rápidas subidas de tipos de interese ante unha inflación máis rebelde incluso que en EEUU e Europa facían prever unha clara corrección na vivenda. A convulsión que provocada no outono pasado polos plans fiscais da primeira ministra Liz Truss fixo dispararse os tipos hipotecarios e algúns analistas chegaron a contemplar unha caída do 15% de pico nos prezos. Un ano despois, os datos parecen mostrar que a caída non será tan severa.

A pesar destas subidas, os prezos da vivenda son un 4,3% inferiores ao seu máximo antes en setembro do ano pasado. Pero tras o alto crecemento no periodo 2020-2022, os prezos da vivenda mantéñense un 20% por encima do seu nivel no ano 2019. Segundo Nationwide, os prezos son agora un 2% inferiores aos de hai un ano, o que supón a cifra interanual máis alta dos últimos nove meses.

O repunte no número de novas hipotecas dende o nivel inusualmente baixo de 43.675 en setembro a 47.383 en outubro suxire que a demanda de vivenda mellorou e que os préstamos hipotecarios poden empezar a subir nos próximos meses.

A expectativa de cara ao futuro é que, debido a unha demanda sorprendentemente resistente, unha inflación alta e unha oferta limitada, evitarase una caída pronunciada nos prezos da vivenda.

Fonte.- El Economista