Os prezos no mercado inmobiliario en Europa están un 42% máis altos que fai dez anos, segundo Eurostat | Observatorio de Vivenda

Os prezos no mercado inmobiliario en Europa están un 42% máis altos que fai dez anos, segundo Eurostat

Os prezos no mercado inmobiliario en Europa están un 42% máis altos que fai dez anos, segundo Eurostat

Na actualidade en Europa, os salarios xa non alcanzan para poder acceder a unha hipoteca ou firmar un contrato de alugueiro nas principais economías do euro. Segundo Eurostat, os prezos no mercado inmobiliario están un 42% máis altos que fai dez anos, mentres que os alugueiros están un 11% máis caros. 

No resto de Europa, os gregos destinan en promedio o 34,2% dos seus ingresos mensuais a pagar os costes relacionados coa vivenda, sendo este o porcentaxe máis alto de toda Europa. Séguenlles os daneses, que destinan en torno ao 25,4%, e os alemáns que destinan sobre o 24,5% dos ingresos mensuais a costes da vivenda. Aínda que son os franceses (21% dos fogares) e holandeses (18%) os que perciben máis subsidios ao alugueiro.

En España, quen queira comprar un inmoble debería destinar un 17,8% dos seus ingresos, e o seu esforzo financieiro supera o 60% do total dos ingresos mensuais. En canto aos países próximos, portugueses e italianos están en mellor posición para facer fronte aos pagos ou alugueiros da vivenda, posto que o gasto en vivenda suponlles o 14,3% e 15,5% dos ingresos mensuais, respectivamente.

Fonte.- La Voz de Galicia