A pandemia impacta máis no alugueiro que na compra de casas en España | Observatorio de Vivenda

A pandemia impacta máis no alugueiro que na compra de casas en España

A pandemia impacta máis no alugueiro que na compra de casas en España

A pandemia do coronavirus trastocou o sector inmobiliario de moitas maneiras, dende o número de operacións que se pechan ata os prezos dos inmobles. Así, a principal conclusión do estudo publicado por Fotocasa é que un 27% de persoas realizou algunha acción relacionada co mercado (intentar comprar, vender ou alugar unha casa) nos últimos doce meses, fronte ao 31% que declaraba estar nesa situación o pasado febreiro. Pero a caída é desigual: mentres o mercado de compravendas móstrase case estable, o de arrendamentos viuse máis afectado. 

Dende o punto de vista das compravendas, o 3% dos enquisados afirmou que comprou unha vivenda nos últimos 12 meses, a mesma porcentaxe que en febreiro. Un 9%, fronte a un 10% a principios de ano, recoñecía buscar sen conseguir culminar a compra. Do lado dos vendedores, as porcentaxes non se alteran en ningunha das dúas mostras: un 2% señalou ter vendido unha vivenda e un 3% estar intentando vendela, sen éxito.

Porén, do lado lo alugueiro a baixada da actividade tradúcese en caídas de porcentaxe dende case todos os puntos de vista. Quenes arrendaron unha vivenda como inquilinos nos últimos 12 meses son un 6%, fronte ao 8% en febreiro; e quenes optaron por arrendar unha habitación nun piso compartido, un 4% (por un 6% antes da pandemia). Tamén os propietarios que alugaron unha casa baixan do 4% ao 3% e quenes buscaban unha habitación sen éxito pasan do 2% ao 1%. Invariables se manteñen os inquilinos que non chegaron a alugar unha casa (2%) e tamén os propietarios que o intentaron sen éxito (1%).

En suma, menos oferta e menos demanda para os alugueiros e como resultado, a actividade de alugueiro e compra prácticamente igualáronse dende o punto de vista da demanda: un 44% relaciónase cos arrendamentos e un 43% coa compra. En febreiro, esas porcentaxes eran do 49% e do 39%, respectivamente. 

Fonte | El País