A pandemia non frea a escalada de prezos da vivenda en Alemaña | Observatorio de Vivenda

A pandemia non frea a escalada de prezos da vivenda en Alemaña

A pandemia non frea a escalada de prezos da vivenda en Alemaña

A crise do coronavirus non detivo a  escalada dos prezos da vivenda en Alemaña. No segundo trimestre deste ano, que inclúe o período con maiores restriccións á actividade económica, o prezo media de casas e pisos incrementouse un 6,6% en termos interanuais e un 2% fronte aos tres primeiros meses do ano, segundo as últimas cifras publicadas pola Oficina Federal de Estadística (Destatis) alemana. 

Estes incrementos romperon as previsións dos expertos, xa que son subidas similares ás rexistradas no primeiro trimestre de 2020, cando a pandemia aínda non fixera mella en Europa. As previsións estimaban un pequeno bache no duradeiro "boom" que experimenta o mercado inmobiliario alemá, tanto en compravenda como no alugueiro dende fai media década, pero o coronavirus non logoru interrumpir unha tendencia alentada pola boa situación económica no país, con escaso desemprego e salarios á alza, e uns tipos de interese en mínimos.

As subas son máis elevadas nas denominadas "sete grandes", os maiores núcleos urbanos do país. Así, entre abril e xuño o prezo medio dos inmobles en Berlín, Hamburgo, Múnich, Colonia, Fráncfort, Stuttgart e Düsseldorf eleváronse en termos interanuais un 6,5% en vivendas unifamiliares e adosadas e un 6,1% en pisos. 

En municipios de tamaño medio, a partir de 100.000 habitantes, as subas foron algo maiores (do 7,3% para as casas e do 8,2% para os pisos). Nas localidades pequenas e no medio rural tamén se rexistraron incrementos no prezo da vivenda, aínda tiraron da media para abaixo. Entre abril e xuño eleváronse un 4,8% no caso das casas e un 5,9% no dos pisos.

Fonte | Idealista