A pandemia pon en perigo a emancipación dos xóvenes na área da vivenda en Europa | Observatorio de Vivenda

A pandemia pon en perigo a emancipación dos xóvenes na área da vivenda en Europa

A pandemia pon en perigo a emancipación dos xóvenes na área da vivenda en Europa

Segundo se extrae do informe elaborado por JLL en Europa hai 7 millóns de postos de traballo en risco para as persoas de entre 15 e 24 anos, o que supón o 41% de todo o emprego para este grupo de idade, o que dificultará aínda máis o acceso dos xóvenes ao mercado da vivenda. Este impacto notaráse de forma máis marcada no mercado de compra que no de alugueiro porque o tempo medio que tarda un potencial comprador dunha vivenda en aforrar para a entrada é de 12,5 anos.

En España máis da metade das persoas de 25 a 29 anos vive en casa dos seus pais. A emancipación dos xóvenes converteuse xa nun problema social no noso país que se agravará aínda máis coa crise do Covid, xa que esta parte da poboación será máis vulnerable á crise económica, provocando que a poboación máis xoven teña menos capacidade de aforro.

Entre as posibles solucións a este problema destacan as iniciativas público-privadas que xa se están levando a cabo para a vivenda en alugueiro en cidades como Madrid ou Barcelona.

Fonte | El Economista