A preferencia polas hipotecas fixas e o endurecemento das regulacións, entre os factores que explican o aumento dos prezos da vivenda a nivel mundial | Observatorio de Vivenda

A preferencia polas hipotecas fixas e o endurecemento das regulacións, entre os factores que explican o aumento dos prezos da vivenda a nivel mundial

A preferencia polas hipotecas fixas e o endurecemento das regulacións, entre os factores que explican o aumento dos prezos da vivenda a nivel mundial

Segundo cifras da sucursal de Dallas, Texas, da Reserva Federal, suxírese unha subida dos prezos mundiais do 1,3% entre o primeiro e o segundo trimestre de 2023, con expectativas de maiores subidas de aquí adiante, o que situaría estos prezos preto do seu máximo nivel rexistrado en 2022.

O índice de prezos de EEUU elevouse un 2% fronte ao ano pasado. Doutra banda, noutros territorios como en Reino Unido, onde o índice de prezos elaborado pola consultora inmobiliaria Halifax elevouse un 1,1% no último mes, ou Australia, onde os prezos das vivendas creceron un 7,7% neste ano, son outros exemplos que mostran un crecemento xeral no nivel de prezos da vivenda. Estos datos sorprenden aos economistas que supoñían unha baixada dos prezos debido ás subidas dos tipos de interese.

Entre os factores determinantes que poden explicar esta situación, encóntranse a maior importancia que lle dan as persoas á súa vivenda debido principalmente á pandemia, a preferencia polas hipotecas fixas, que provoca que os cambios nos tipos de interese tarden máis en mostrar impacto, e o endurecemento das regulacións debido á crise de 2008.

Fonte.- Idealista