As previsións das inmobiliarias supoñen un descenso nos contratos de alugueiro dun 3,1% en 2024 | Observatorio de Vivenda

As previsións das inmobiliarias supoñen un descenso nos contratos de alugueiro dun 3,1% en 2024

As previsións das inmobiliarias supoñen un descenso nos contratos de alugueiro dun 3,1% en 2024

O incremento das rendas non cesa, e se prevé que durante 2024 volvan a subir no conxunto nacional, segundo a previsión das inmobiliarias na XVIII edición do Barómetro Inmobiliario. Este barómetro está elaborado pola entidade especialista en financiación sostible UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios), e a súa área de desenvolvemento profesional SIRA. Neste informe consúltase aos profesionais polas súas expectativas sobre o comportamento das operacións de compravenda e os prezos da vivenda para o novo ano.

O aumento dos prezos sería dun 6% de media, debido principalmente á falta de oferta no mercado. As comunidades autónomas que experimentarían un maior crecemento nos prezos dos alugueiros serían Extremadura, cun 18%, Castela-A Mancha cun 10% e Murcia cun 8,8%. Por outro lado, a previsión relacionada coas operacións de alugueiro é tamén dun descenso, concretamente do 3,1% neste ano, e as comunidades nas que o descenso sería maior, son Cataluña (-7,3%), País Vasco (-7%) e Aragón (4,4%), mentres que as rexións nas que a perspectiva é positiva son Castela-A Mancha, onde aumentarían un 15%, Navarra, un 8,3% e a Rexión de Murcia, que o faría nun 6,3%. 

O mercado inmobiliario pechou 2023 amosando resistencia, a pesar do efecto de factores socioeconómicos como a inflación, o aumento dos tipos de interese ou a introdución da Lei de Vivenda, segundo o estudo de UCI. As previsións para 2024 son de certa estabilidade no conxunto do país, augurando un volume de transaccións similar ao rexistrado o ano pasado. As transaccións aumentarían máis nas comunidades de Baleares (10,1%), Cataluña (4,2%) e Cantabria (4,2%) e descenderían principalmente nas comunidades de Extremadura (-10,5%), Asturias (-7,5%) e Murcia (-6,3%).

Fonte.- La Razon