As previsións de Bruxelas para a Eurozona mostran unha lixeira caída no prezo da vivenda e un lixeiro crecemento económico dos países en 2023 | Observatorio de Vivenda

As previsións de Bruxelas para a Eurozona mostran unha lixeira caída no prezo da vivenda e un lixeiro crecemento económico dos países en 2023

As previsións de Bruxelas para a Eurozona mostran unha lixeira caída no prezo da vivenda e un lixeiro crecemento económico dos países en 2023

As previsións económicas de Bruxelas apuntan a unha retardación da inflación na eurozona, acompañado dunha perda de ingresos, mentres o emprego manterase "robusto", a pesar diso, o endurecemento da política monetaria podería deteriorar os ingresos das familias e empresas afectando á súa demanda interna. O arrefriado da demanda de créditos afectará os prezos da vivenda, co que se prognostica unha "lixeira caída". Ademais, a pesar da incerteza da situación actual, a economía da Eurozona seguirá crecendo lixeiramente.

A Comisión Europea di que "se espera que os prezos da vivivenda na Unión Europea caian lixeiramente en termos nominais este ano, con variacións persistentes entre países". Os prezos da vivenda non poderán sufrir unha redución aínda maior debido á falta de oferta na maioría dos países da UE.

Os datos actuais mostran unha retardación da inflación, que se preveé unha inflación do 5,6% este ano e do 2,9% en 2024 na Eurozona. En canto ao PIB da eurozona, as previsións mostran un incremento dun 0,8% este ano e un 1,3% en 2024. Na Unión Europea o crecemento será semellante, por baixo das previsións de primavera.

Fonte.- Idealista