Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, con carácter plurianual. Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, con carácter plurianual. Xunta de Galicia.

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, con carácter plurianual. Xunta de Galicia.

En prazo: 03/01/2022 - 30/09/2022

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D).

De acordo co establecido no artigo 1.4 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, entenderase por municipios de reto demográfico os municipios de ata 5.000 habitantes e os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes nos que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes. Para a determinación dos municipios de reto demográfico teranse en conta as cifras publicadas da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020, así como as que figuren no Nomenclátor do INE e no Atlas Estatístico das Áreas Urbanas do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, aos que se poderán engadir os novos municipios que resulten das revisións e actualizacións que poidan ser publicadas en ambas as fontes oficiais antes da finalización do prazo para a presentación de solicitudes fixado no ordinal sétimo.

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 20.2 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no a diario Oficial de Galicia(en diante, DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Chan (en diante, IGVS), mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Fonte | Xunta de Galicia