Reino Unido ten os prezos da vivenda máis altos da OCDE con respecto aos niveis medios de prezos ao consumo | Observatorio de Vivenda

Reino Unido ten os prezos da vivenda máis altos da OCDE con respecto aos niveis medios de prezos ao consumo

Reino Unido ten os prezos da vivenda máis altos da OCDE con respecto aos niveis medios de prezos ao consumo

O "think tank" británico Resolution Foundation elaborou recentemente un informe sobre o mercado inmobiliario nos países da OCDE, onde analízanse aspectos dende a asequibilidade á vivenda, os gastos no fogar e o consumo, ou a antigüidade do parque de vivenda, centrado principalmente en Reino Unido. O principal aspecto que destaca é a comparativa dos prezos medios da vivenda cos niveis medios de prezos ao consumo, onde Reinou Unido sitúase como o país coa vivenda máis cara. Aínda que Suiza ou Australia teñen un valor máis alto, o seu maior PIB per cápita xera niveis de prezos xeralmente máis altos para todos os bens e servizos. Neste aspecto, a media de España sitúase preto da OCDE, un 2% por enriba. 

No caso do grado de asequibilidade da vivenda, calcula a proporción de ingresos, ganancias e gastos que cada fogar dedica aos custos da vivenda, aqueles países con maior proporción de vivendas en propiedade parten con vantaxe, como Italia (61%), España (49%) ou Reino Unido (36%), sobre os que acumulan unha menor porcentaxe, como Alemania (26%), Países Baixos (8%) ou Suiza (4%). Para compensar isto, engadiuse unha estimación do custo da vivenda que os propietarios pagarían se alugasen a súa casa no mercado libre, o que se coñece como alugueiro imputado. Considerando isto, apréciase que os fogares de Finlandia, Reino Unido, Canadá ou Israel dedican máis dun 20% dos seus gastos aos custos da vivenda, por encima da media da OCDE, que se sitúa no 17%. España, pola súa banda, atópase no 16%.

O estudo tamén analiza a relación entre o consumo per cápita de cada nación da OCDE e a cantidade de servizos dedicados á vivenda, onde conclúese que os fogares en Colombia, Reino Unido, Australia, Chile, Países Baixos ou México son os que contan cun menor volume de gastos en vivenda fronte ao gasto xeral, mentres que en países como Polonia ou Grecia, a vivenda supón un maior volume en relación aos niveis de consumo, superándose o 30%. 

Por último, outro método que utiliza o informe para medir o grado de calidade da vivenda é a antigüidade do parque residencial, onde en Reino Unido preto de 4 de cada 10 vivendas (38%) datan de antes de 1946, en comparación ao 29% de Francia ou o 24% de Alemania. Polo lado contrario, as proporcións máis baixas de vivendas construídas antes da Segunda Guerra Mundial corresponden a Grecia (8%), Finlandia, Liechtenstein, Bulgaria (as tres cun 10%) e Portugal, España e Romanía (as tres cun 11%).

Fonte.- Idealista